Banda de Música Xuvenil de Xinzo
A nosa historia
A parroquia de Xinzo foi sempre lugar de música. A súa tradición musical remóntase a antes da Guerra Civil española. No ano 1927, fundouse a primeira banda da que se conservan mostras, a que se deu en chamar Banda de Música de Xinzo. Estivo dirixida por D. Jesús Táboas, veciño da parroquia que aprendeu música no servizo militar e, a súa volta, promoveu a formación da banda e impartiu clases de solfexo.
O inicio da Guerra Civil española en 1936 levou ao cese da actividade da banda. Tras a finalización deste período, a agrupación volveu reunirse baixo a dirección de mesmo mestre, D. Jesús Táboas. Formada por unha vintena de mozos, centrábase nun repertorio composto por pezas de carácter bailable, como pasodobres, muiñeiras e xotas. Finalmente, a banda disolveuse ao redor de 1952.
Durante os seguintes 20 anos, a parroquia de Xinzo quedou sen agrupación musical ata que rexurdiu nunha nova etapa no ano 1979, coa fundación da coñecida hoxe como Banda de Música Xuvenil de Xinzo.
O comezo deste período deuse cando un grupo de rapaces e rapazas iniciáronse na música da man do mestre D. José Guillén Lorenzo, músico profesional da Banda Militar do Cuartel de Berreiro (Vigo). No Nadal de 1980, tras meses de preparación, os veciños escoitaron unha mostra do que se convertería na Banda de Música Xuvenil de Xinzo cunha actuación á saída da misa.
Foi o 28 de xuño de 1981 cando a agrupación se presentou no seu primeiro concerto oficial. A banda formábana por entón músicos de entre 8 e 11 anos. Ao longo das décadas seguintes, con numerosas actuacións en festas e participacións en programas de televisión nacionais e autonómicos, varios directores traballaron para que a agrupación fose acadando o nivel co que hoxe conta, destacando, ademais de D. José Guillén Lorenzo, figuras como D. Bolivar González Rodríguez, D. Sergio Hurtado Carrascosa e D. Antonio Budiño Durán. Igualmente, durante este tempo varios músicos formados na banda convertéronse en profesionais, como Delio, José Luís, Yolanda e Marcos Represas Carrera, José Ángel Presa, Benito Porto, Feliciano Cebreiro, Andrés Covelo ou Fernando Abreu.
Foi precisamente cun dos músicos formados no seo da banda co que comezou o período de consolidación da agrupación, cando D. Miguel Anxo Castro Carrera se converteu no seu director en 1996. Ocupou o cargo unha década, ata mediados de 2006, e baixo a súa batuta intensificouse a participación da banda en festivais. Concursou nas edicións III e IV do Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra, aínda que sen premio ata a V edición, canda a agrupación acadou o terceiro posto.
A partir de 2006, e por un período dun ano, asumiu o cargo de director D. Álvaro Varela Ferradáns. Con el, impulsouse a actividade da Escola de Música de Xinzo coa oferta de novas especialidades musicais, o aumento no número de alumnado e a creación da Banda da Escola de Música, presentada na parroquia en decembro de 2007. Nesta etapa, a Banda Xuvenil repetiu o terceiro posto no Certame Provincial e acadou por primeira vez a segunda posición no Certame Galego de Banda de Música.
A este mestre sucedérono D. Iñaki Lecumberri Camps (2008) e D. César Núñez Pérez (2008-2011). Co primeiro, a agrupación conquistou o primeiro premio no Certame Zonal de Bandas de Música e o segundo no VII Certame Provincial. O ansiado primeiro posto desta última competencia chegou baixo a dirección de D. César Núñez Pérez ó ano seguinte. Ademais, entre o máis destacado da súa labor durante eses catro anos, encóntrase a gravación do primeiro CD editado pola Banda.
Dende 2011 ata 2014, asumiu a dirección D. Juan Carlos Díaz Álvarez. Con el, gravouse un CD composto integramente por pezas inéditas paara banda do compositor ponteareán D. Reveriano Soutullo Otero, unha colaboración coa Fundación Reveriano Soutullo que supuxo o segundo traballo discográfico da Banda.
Destaca igualmente o primeiro posto no XI Certame Provincial da Deputación de Pontevedra e o segundo no VI Certame Galego de Bandas de Música Populares en 2012. A estes, súmase o “Premio Concello de Ponteareas”, recoñecemento á Banda de Música Xuvenil de Xinzo en 2014 pola súa contribución ao eido cultural.
Seguidamente, a batuta pasou a D. José Javier Bascoy Iglesias entre xaneiro e setembro de 2015 e, desta data ata outubro de 2016, a D. Ángel Antonio Montes Abalde.
Tras estes breves períodos, D. Roberto Sánchez Barreiro fixose cargo da banda os seguintes dous anos, ata 2018. Neste tempo, iniciouse o proceso de actualización da imaxe e organización da Banda, que permitiu a continuación dun sólido crecemento.
No ano 2017, a agrupación recibiu o Premio AGADER á Mellor Iniciativa Xuvenil por Fomentar o Desenvolvemento Rual, galardón concedido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. E ese mesmo ano naceros dúas das ramas da agrupación: a Coral Cantares de Xinzo, que se presentou á parroquia ese decembro, e a Fundación Musical de Xinzo, a primeira fundación de interese galego creada en exclusiva a partir dunha banda de música.
Entre abril de 2018 e setembro de 2022, a dirección da Banda correu a cargo de D. Javier Blanco González.
Na actualidad, D. Rodrigo Iglesias Silva é o director da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Con él, fragouse o regreso da Banda a un certame tras unha década de ausencia, acadando o segundo premio no XVII Certame Galego de Bandas de Música Populares. Ademais, a banda celebrou dúas Galas Líricas de zarzuela e multitude de concertos.
O futuro da agrupación musical preséntase como prometedor grazas aos máis de 100 alumnos matriculados na Escola de Música coa que conta a Banda e na que se imparten variadas disciplinas intrumentais.
Ano | Premio | Sección | Certame |
2005 | 3º | Segunda | V Certame Provincial de Bandas de Música |
2007 | 3º | Segunda | VII Certame Provincial de Bandas de Música |
2007 | 2º | Segunda | I Certame Galego de Bandas de Música |
2008 | 1º | Segunda | I Concurso Zonal de Bandas de Música |
2008 | 2º | Segunda | VIII Certame Provincial de Bandas de Música |
2009 | 1º | Segunda | IX Certame Provincial de Bandas de Música |
2010 | 1º | Segunda | III Concurso Zonal de Bandas de Música |
2011 | 1º | Segunda | XI Certame Provincial de Bandas de Música |
2012 | 2º | Segunda | VI Certame Galego de Bandas de Música |
2014 | 1º | Terceira | XIII Certame Provincial de Bandas de Música |
2014 | 1º | Segunda | VIII Certame Galego de Bandas de Música |
2024 | 2º | Segunda | XVII Certame Galego de Bandas de Música |
Rodrigo Iglesias Silva
Director da banda
Comezou os seus estudos musicais aos 8 anos en Valladares, baixo a dirección do seu pai, Juan Iglesias Ramilo, e do seu tío José Iglesias Ramilo, continuándoos no Conservatorio Profesional de Música de Vigo cos profesores Javier González Lamas e Luis A. González. Amosa, obtendo as máximas cualificacións e o premio de fin de grao. En 2014 comeza os seus estudos superiores de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo co profesor Adolfo Caride Rodríguez. Ao mesmo tempo, ampliou a súa formación recibindo clases de trompetistas de recoñecido prestixio como: John Aigi, José Rodríguez, Roberto Verde, Juan Lois, Luís González, Bo Nilson, Hakan Hardenberger, Pierre Badel, Roberto Bodí, Yael Fiuza, Yturvides Vílchez. , Salvador Ibáñez, Batallón Esteban… No eido orquestral, forma parte da Xove Orquestra Sinfónica de Galicia (OJSG), da Xove Orquestra de Estremadura (OJEX), da Xove Orquestra de Leonesa (JOL), da Xove Orquestra de Cantabria (JOSCAN), entre outras. Colabora coas seguintes orquestras: Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), Orquestra Sinfónica de Estremadura (OEX), Orquestra Sinfónica de Ávila (OSAV), Real Filharmonía de Galicia (RFG) entre outras. No ano 2018 remata os seus estudos superiores de música, coas máximas cualificacións, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Grao Superior. No ano 2019 é estudante de Posgrao do Curso Superior de Especialización Orquestral (CAEO) da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (EAEM) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC), sendo o seu titor D. Javier Simó. Actualmente traballa como profesor de trompeta no Conservatorio Profesional de Música de Valladares, en diversas escolas de música de Vigo e como músico Freelance.
Xunta directiva
Cargos da xunta directiva
Presidenta
Silvia Fernández Táboas
Vicepresidente
Alejandro Otero González
Secretario
Manuel Collazo Francisco
Tesoureiro
Ángel González Lago
Vogal
Uxía Collazo Cobelo
Vogal
Manuel García González
Vogal
Ana María Acebedo Varela
Vogal
Mónica Carrera Táboas
Vogal
Sara Álvarez Carrera
Vogal
Javier Otero González
Vogal
Sonia González Represas