Para todo hai un comezo
A historia da Coral
O 23 de decembro de 2017, presentouse a Coral Cantares de Xinzo no auditorio do Centro Cultural da parroquia. A súa presentación, ante máis de 200 persoas, supuxo a consecución dun proxecto que naceu da vontade dos veciños e veciñas de Xinzo que buscaban un espazo onde sacar á luz as súas inquedanzas musicais.
A Coral xurdiu co apoio organizativo e funcional da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, e estivo liderada e dirixida ata outubro de 2018 por José Castro Álvarez. Entre os meses de novembro e decembro de 2018, o seu director foi Julio Domínguez e, dende xaneiro de 2019 á actualidade, ocupa o cargo Beatriz Gómez Fandiño.
Na actualidade, a Coral Cantares de Xinzo componse por mais de 30 integrantes de tódalas idades e ofrece diversos concertos ao longo do ano, cun repertorio de obras e cantares de estilos variados, cos que deleitan a todo tipo de públicos.
Beatriz Gómez Fandiño
Directora da Coral
Beatriz Gómez Fandiño conta cunha ampla experiencia profesional como cantante e directora de corais. Titulada a nivel profesional na especialidade de Canto Clásico polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo, tamén estudou piano no Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas. As súas inquietudes musicais conducírona ó estudo doutros instrumento na Escola de Música Municipal de O Porriño, como de baixo eléctrico, e a unha profundización no estudo do canto, como o de canto moderno e improvisación.
Comeza no mundo coral con 10 anos na Coral Polifónica da Escola de Música de O Porriño, formación que gañou diferentes concursos a nivel autonómico e foi convidada a cantar no 385º aniversario da Capela de San Pedro do Vaticano fronte ó Papa Juan Pablo II. Ademáis, Gómez Fandiño foi compoñente de Piccola Camerata, quinteto de voces a capella, e da Coral Polifónica Santa María de Areas (Ponteareas).
Participa en varios cursos de Dirección Coral con directores da talla de Eduardo Correa, Javier Busto e Josu Elberdín, entre outros.
Comeza a dirixir profesionalmente no ano 2002 na Coral Polifónica Ponte das Febres de Ribadelouro (Tui). No seu periplo, pasou por formacións como a Coral Polifónica “Nosa Terra” de Pereiras, a Coral Polifónica “Hetería” de O Porriño, a Coral Feminina “As mimosas” de Carracido e a Coral Polifónica “Santa María de Areas” (Ponteareas).
Na actualidade, é profesora de Canto en “Emocionarte, Escola de Artistas” e dirixe a Coral Polifónica “O Son dos Cantares” (Tameiga- Mos) e a Coral Polifónica “A Forna” (Budiño, O Porriño) dende 2004. Isto o compaxina coa dirección esporádica da Coral Polifónica “Cantemos” de Salvaterra de Miño.
Dende xaneiro de 2019, é a directora titular da Coral Cantares de Xinzo.
Enche a túa matrícula
Responsable: Fundación Musical de Xinzo / Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Finalidade: O desempeño da nosa actividade comercial e remitir comunicacións aos usuarios (se nos autorizan). Lexitimación: O teu consentimento. Almacenamento de datos: Datos aloxadas en Dinahosting.com. Dereitos: En calquera momento podes acceder, rectificar, limitar e borrar os teus datos.